Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
18Decembro2020O Consello da Cultura Galega, xunto á Secretaria Xeral da Emigración, sobe á rede nova documentación sobre o fenómeno migratorio audio “De Galicia a América: a chegada a un novo mundo” é o título dunha nova entrega do especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, que pretende difundir material sobre o fenómeno migratorio. Nesta ocasión, o especial ofrece unha vintena de fotografías e documentos sobre o momento da chegada dos galegos e galegas a América no século XX. A... Máis información
-
18Decembro2020Mensaxe co gallo do Día Internacional da Persoa Migrante audio Os tempos nos que vivimos están a ser duros para todas e todos, pero o colectivo das e dos migrantes está a sufrir de xeito moi especial a pandemia da covid-19, non só pola distancia das e dos seus seres queridos, senón pola debilidade económica de moitos deles e delas nun escenario de consecuencias complexas. Como a propia Organización das Nacións Unidas recoñece, a crise sanitaria non pode ser una escusa para retroceder na protección dos seus... Máis información
-
18Decembro2020O potencial da lingua galega centra “Un Nadal de Contos” de mañá, sábado, na Aula GaliciaAberta audio Esta nova proposta de contacontos da Secretaría Xeral da Emigración continúa desenvolvéndose tódolos mércores e sábados ata o próximo 26 de decembro. As sesións corren a cargo de Polo Correo do Vento e contan cun concurso para que os máis pequenos e pequenas poidan optar a un lote de produtos do Xacobeo. A Secretaria Xeral da Emigración continúa mañá, sábado 19 de decembro, co programa “Un Nadal de Contos” destinado ás e aos máis pequenos... Máis información
-
17Decembro2020O IGE confirma que en 2019 Galicia gañou 2.151 residentes e entraron a residir na comunidade 17.809 persoas máis das que saíron, o mellor saldo migratorio positivo da serie histórica audio O Instituto Galego de Estatística acaba de publicar a ‘Estatística de Migracións' definitiva do ano 2019 e tamén as ‘Cifras de Poboación', que indican que o saldo migratorio positivo foi un 32% superior ao do ano 2018. En 2019 retornaron a Galicia 6.574 galegas e galegos, convertendo a Galicia na comunidade autónoma con maior índice de retorno sobre as persoas que entran no país. A estas cifras de retorno habería que engadirlle as e os... Máis información
-
16Decembro2020A cidade de Bos Aires conta cunha mouteira do Camiño de Santiago doada pola Xunta audio A Secretaría Xeral da Emigración impulsou, xunto á Delegación da Xunta en Arxentina, a doazón deste elemento que se atopa instalado no barrio de Puerto Madero co obxectivo de que sexa un punto de encontro das peregrinacións. A cidade de Bos Aires conta, dende onte, cunha nova mouteira que sinala o Camiño de Santiago, grazas a unha doazón da Xunta de Galicia e co obxectivo de convertelo nun punto de encontro das peregrinacións. Deste xeito, o... Máis información
-
16Decembro2020A Xunta destaca que o Programa Oportunius xera novas oportunidades en Galicia a través da captación e retención de talento científico de primeiro nivel audio O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Santiago ao I Encontro Oportunius. Desde a posta en marcha desta iniciativa, participaron 24 investigadores e investigadoras con axudas ERC para impulsar 30 proxectos. O Goberno galego destina 24M€ o próximo ano a programas de talento, transferencia e emprendemento innovador para que a economía galega creza sobre a base do... Máis información
-
15Decembro2020O DOG publica a orde que eleva a 20M€ o plan de creación de postos de traballo nos centros especiais de emprego de iniciativa social ao que poden optar as e os emigrantes retornados audio O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a ampliación do orzamento para a concesión de axudas a 111 centros especiais de emprego para a integración laboral de 3210 persoas con discapacidade e a creación de 42 postos de traballo indefinidos. Deste xeito, o Goberno galego promove a creación, ampliación, mantemento e adaptación dos postos de traballo dos centros especiais de emprego co obxectivo de acadar a integración laboral das persoas con... Máis información
-
15Decembro2020“Un Nadal de Contos” continúa mañá, mércores, na Aula GaliciaAberta rompendo barreiras da discapacidade audio Esta nova proposta de contacontos da Secretaría Xeral da Emigración continúa desenvolvéndose tódolos mércores e sábados ata o próximo 26 de decembro. As sesións corren a cargo de Polo Correo do Vento e contan cun concurso para que os máis pequenos e pequenas poidan optar a un lote de produtos do Xacobeo. A Secretaria Xeral da Emigración continúa mañá, mércores 16 de decembro, co programa “Un Nadal de Contos” destinado ás e aos máis pequenos... Máis información
-
14Decembro2020Rodríguez Miranda felicita aos responsables do proxecto ‘Laboratorio de Radio’ tras recibir o premio CEMEX-Tec de Monterrey audio A Secretaría Xeral da Emigración tivo así coñecemento da potencialidade das ondas para potenciar a comunicación cos galegos e as galegas do exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu aos responsables do proxecto ‘Laboratorio de Radio’ para felicitarlles tras recibir o premio CEMEX-Tec de Monterrey, México. Sergio Pascual e Lucia Abarrategui, veciños de Betanzos, conforman esta firma dedicada ao mundo da... Máis información
-
13Decembro2020A UNED facilita á colectividade galega no exterior o acceso aos graos universitarios co bacharelato homologado audio A Secretaría Xeral da Emigración acordou colaborar a través da UNED de Ourense para facilitar á colectividade do exterior a información sobre o acceso á formación superior. A Secretaría Xeral da Emigración informa á colectividade do exterior, así como ás e aos emigrantes retornados, sobre as posibilidades que ofrece a Universidade a Distancia (UNED) para acceder á formación superior en Galicia. Deste xeito, as persoas interesadas en cursar... Máis información
Páxinas |