XXV Certame de Poesia en Lingua Galega Rosalía de Castro e VIII Certame de Narrativa Rosa Reboredo

Listen to this page using ReadSpeaker
1198 lecturas

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) convoca o Certame Literario Rosalía de Castro do ano 2011 e o VIII Certame de Narrativa Rosa Reboredo. Os traballos para ambos certames han de presentarse antes do 15 de outubro de 2011.

 

  • XXV CERTAME DE POESIA EN LINGUA GALEGA “ROSALÍA DE CASTRO”

Bases
1.- O poema estará escrito en Lingua Galega e terá un mínimo de  TRINTA e un máximo de CEN versos. Admitíranse conxuntos de poemas de temática común, sempre que non excedan dos CEN versos.
2.- Os traballos enviaranse en sobre sen remite e sen indicación algunha referente á personalidade do autor, ó enderezo da Asociación: Rúa
Federico Soler, 71, 08940-Cornellá (Barcelona). Noutro sobre pechado figurará no exterior o primeiro verso do poema e no interior do mesmo sobre constará: Nome e apelidos,  enderezo, DNI, teléfono e correo electrónico do autor.
3.- Deberá enviarse SETE copias dos poemas, en formato normal, sen encadernar ou grapar, antes do día 15 de outubro de 2011.
4.- A A.C.G. Rosalía de Castro nomeará ó Xurado entre personalidades relevantes da creación e da critica.
5.- O veredicto dos premios darase a coñecer nas Xornadas Culturais a celebrar no Outono de 2011
6.-Os poemas premiados poderán ser editados pola Asociación na forma ou medio que considere conveniente. Así como todos os presentados ó Certame.
7.- Os premios consistirán:
-1º premio:    500 €
-2º premio:    300 €
-3º premio:    200 €
8.- Os premios entregaranse na Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, unha vez realizado o fallo por parte do xurado. Os premiados
deberá facilitar os seus traballos en soporte informático  tipo documento Word á organización
9.- O feito de concursar, supón acepta-las resolucións do xurado así como as bases do Certame.  Non se devolverán os orixinais
10.- O xurado poderá declarar os premios desertos si estima que a calidade dos traballos non é a necesaria.

 

  •  VIII CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO

Bases

Co fin de honrar a memoria de Rosa Reboredo Civeira e asemade seguir no labor de consolidación da nosa cultura e a promoción da nosa lingua, a A. C. G. Rosalía de Castro de Cornellà convoca o CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO, mantendo viva a chama dun labor honesto e impagable a prol da colectividade galega de Catalunya desde as súas responsabilidades como cargo institucional da Generalitat de Catalunya e como membro da xunta Directiva da nosa entidade. Rosa Reboredo distinguiuse por traballar pola integración da galeguidade nesta terra de adopción que é Catalunya, e impulsou o espallamento das culturas galega e catalá nestas dúas terras, salientando sempre os principios éticos, valores humanos e o civismo á hora de expresar o que é a nosa idiosincrasia.

Dotado con CINCO CENTOS EUROS (500), convocamos a VIII edición do CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO CIVEIRA (2011) de acordo coas seguintes bases:

1.-Poderá concorrer ao certame calquera persoa, sen limitación de idade ou nacionalidade, que  presente os seus textos nas linguas, Galego ou Catalán, linguas obxecto de promoción deste certame, reservándose a entidade convocante os dereitos de edición dos traballos presentados. Os orixinais (narración ou conxunto de narracións) deberán ser inéditos. A extensión debe estar comprendida entre as DÚAS e SETE páxinas (en A4, a dobre espazo, mecanografado en letra de corpo tamaño 12).
2.- A temática dos traballos deberá estar enfocada a achegar á sociedade os valores humanos máis exemplares, ofrecer á xuventude modelos de civismo, solidariedade, convivencia e respecto polos demais e polo medio ambiente. A literatura debe contribuír á formación responsable dos nosos fillos e a mellorar a nosa sociedade.
3.-De cada orixinal deberán presentarse SETE copias sen encadernación nin grampa, antes do 15 de outubro de 2011, remitíndoos ó enderezo da A.C.G. Rosalía de Castro, Rúa Federico Soler, 71, 08940, Cornellà de Llobregat, Barcelona.
4.- Os orixinais irán precedidos de título ou lema sempre baixo pseudónimo. Nun sobre pechado (plica) irán os datos reais relativos ao texto e ao autor (título real, nome completo do autor, DNI, teléfono, enderezo e mail), indicando no exterior do sobre VIII CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO.
5.-O xurado estará composto por persoeiros salientables da creación e da crítica e será nomeado pola organización. A decisión do xurado será inapelable e darémola a coñecer durante as Xornadas Culturais que se celebran anualmente polo Outono. O xurado poderá declarar o premio deserto se o estima conveniente.
6.-A entidade convocante resérvase os dereitos de publicación e tradución dos orixinais presentados no medio e formato que estime oportuno, sen límite de exemplares nin de edicións, permitindo ao autor calquera outra posible edición posterior baixo acordo e comunicación expresa coa entidade convocante, citando sempre o certame e a entidade.

A participación neste CERTAME significa a completa aceptación das presentes bases e tamén  das decisións do xurado designado. Non se devolverán os orixinais.

Evento: 
Premios
Organiza: 
Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro
Data: 
14.10.2011
Hora: 
23,59
Lugar:
Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro
Rúa Federico Soler, 71
Cornellá de Llobregat - 08940Barcelona
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: