XX Concurso literario Julio Camba de relato curto do Centro Galego de Santander 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
549 lecturas

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2019 en Cantabria, o 17 de maio de 2019, o Centro Galego de Santander convoca o XXº Concurso literario Julio Camba de relato curto.

Premios:

  • 1º Premio: Medalla do Centro, Diploma e 750 €
  • 2º Premio: Diploma e 500 €

Estes premios están suxeitos ás retencións tributarias legalmente establecidas

Bases (picar aquí para descargar completas):

  1. Poderán participar:
    A) maiores de idade residentes en España e
    B) os/as socios/as de calquera Centro Galego do mundo
  2. O tema será libre, orixinal, inédito e non premiado, podendo ser escrito en lingua galega ou española. Presentarase unha soa obra. Os traballos presentaranse, por triplicado, cunha extensión entre 6 e 8 folios tamaño A-4, a dobre espazo, 25 liñas por páxina, en letra Times New Roman 12 ou similar e baixo o sistema de lema con plica. En sobre pechado, co lema escrito por fóra, constarán os datos persoais do autor ou autora, cun breve currículo. As/os concursantes que non residan en España incluirán certificación do Centro onde se encontren asociados/as. As persoas gañadoras comprométense a facilitar a través de correo electrónico ou correo postal unha copia do relato en formato Word.
  3. Os traballos entregaranse antes do día 1 de Outubro de 2019, por correo ou persoalmente na Secretaría do Centro Galego: XX CONCURSO LITERARIO JULIO CAMBA. C/ Hernán Cortés, 47 - Entresuelo. C.P. 39003 - Santander.
  4. O fallo do xurado darase a coñecer na festa do Magosto en Novembro de 2019 e será inapelable, podendo declarar desertos os premios ou eliminar os relatos que non se ateñan ás bases. A acta co fallo, publicarase no Facebook do Centro Galego, no seu blog http://cgallegosantander.blogspot.com.es e comunicarase ás/aos gañadores/as.
  5. Os traballos premiados quedarán en propiedade do Centro Galego, poderán ser publicados na Revista Libredón do Centro Galego e posteriormente editados nun libro. Os relatos non seleccionados serán destruídos unha vez emitido o fallo do xurado.
  6. As/os autoras/autores premiadas/os nalgunha das cinco últimas edicións non poderán presentarse.
  7. A cerimonia de entrega dos premios, á que serán invitados/as, celebrarase en decembro, nun acto especial do que serán informados/as previamente. Os autores e autoras premiados, comprométense a recollelo persoalmente, do contrario enténdese que renuncian ao mesmo.
  8. O feito de participar neste Certame implica a aceptación das súas Bases. Todas as incidencias non previstas nelas serán resoltas polo Xurado.
XX Concurso literario Julio Camba de relato curto do Centro Galego de Santander 2019
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Centro Gallego de Santander
Data: 
30.09.2019
Hora: 
24:00
Lugar:
Centro Gallego de Santander
Hernán Cortés, 47 - entresuelo
Santander - 39003Cantabria
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Aula de lingua e cultura galegas 2024 - Aula GaliciaAberta
16.01.2024, 23.01.2024, 30.01.2024, 06.02.2024, 13.02.2024, 20.02.2024, 27.02.2024, 05.03.2024, 12.03.2024, 19.03.2024, 26.03.2024, 02.04.2024, 09.04.2024, 16.04.2024, 23.04.2024, 30.04.2024, 07.05.2024, 14.05.2024