XVIII Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi

Listen to this page using ReadSpeaker
992 lecturas

A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi convoca o XVIII Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" para obras escritas en lingua galega. O prazo límite de admisión de obras é o 11 de maio de 2018, cunha dotación de 600 € para o primeiro premio e de 150 € para o segundo.

Bases:

  • I . Poderán participar todos/as os/as autores/as de calquera nacionalidade que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega
  • II . Os traballos non terán unha extensión superior a cen versos e deberán ser inéditos
  • III . O Concurso está dotado cos seguintes premios:
    -Primeiro premio: 600 € | Segundo premio: 150 €
  • IV . O xurado resérvase o dereito a poder declarar os premios desertos se as obras presentadas non reunisen suficiente calidade
  • V . As obras, mecanografadas por unha soa cara e a dobre espazo, enviaranse por correo, sen remite, á:
    Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
    R/ Pablo Picasso, 4
    48012 Bilbao
    -De cada obra mandaranse cinco copias. A presentación farase polo procedemento de lema e plica.
    -No exterior indicarase o título e o lema escolleito.
    -No interior incluíranse os datos persoais do/a autor/a e o título novamente; este sobre terá que ir pechado.
    -Na parte superior dereita de cada folla da obra repetirase o lema.
  • VI . O prazo de admisión das obras rematará o día 11 de maio. A resolución farase pública con motivo do Día de Galicia en Euskadi que se celebrará en Llodio (Áraba).
  • VII . A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi reservara para si os dereitos de publicar as obras premiadas cando lle conveña, sen prexuízo de que o/a autor/a tamén tamén as poida publicar facendo constar que recibiu este galardón. Igualmente, as obras premiadas poderán ser publicadas nas revistas dos centros galegos en Euskadi.
  • VIII . O feito de participar neste concurso supón a aceptación total destas Bases.

Bases completas: picar aquí para descargar

Máis info: irmandadecge.com | Facebook

XVIII Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Data: 
11.05.2018
Lugar:
Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Pablo Picasso, 4
Bilbao - 48012Bizkaia
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: