XVII Xuntanza de "Con Vós"

Listen to this page using ReadSpeaker
651 lecturas

O luns 8 de decembro de 11,00 a 19,00 h., no Campo Galicia do Centro Galicia de Bos Aires, o programa galego "Con Vós" que dirixe Ramón Suárez "O  Muxo" (e que se emite os domingos de 12,00 a 14,00 h. por FM 97.9 Raio Cultura de Bos Aires www.fmradiocultura.com.ar; páxina en facebook: Con Vós ; blog: www.galiciaconvos.blogspot.com.ar), celebrará a súa xa tradicional Xuntanza anual cos e coas oíntes.

  • A entrada é de balde, e os/as concorrentes, se o desexan, poden levar a súa propia comida e bebida
  • Venderanse porcións de empanada galega de zorza, polo e peixe
  • Tamén o restaurante do club ofrece unha variada oferta de comidas e as grellas do Campo estarán dispoñibles para os/as que desexen utilizalas
  • A xuntanza estará animada por varios números musicais de folclore arxentino e gaitas e cantareiras galegas
  • Non se suspende por chuvia
  • Os medios de locomoción que achegan ao lugar son: ferrocarril Mitre, estación Olivos; autobuses: 29; 168 e 59 ramal La Lucila
XVII Xuntanza de "Con Vós"
Evento: 
Festa
Organiza: 
Programa de radio "Con Vós"
Data: 
08.12.2014
Hora: 
11,00
Lugar:
Campo Galicia - Centro Galicia de Buenos Aires
Av. del Libertador Gral. San Martín, 2925 - (Olivos)
Partido de Vicente López, Buenos Aires
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: