XVI Foro de Estudos Ibéricos: "Diversidade Lingüística e Cultural na Península Ibérica", na Universidade de Oxford

Listen to this page using ReadSpeaker
898 lecturas

O xoves 20 e o venres 21 de marzo, na Taylor Institution, a Universidade de Oxford organiza o XVI Foro de Estudos Ibéricos: "Diversidade Lingüística e Cultural na Península Ibérica" (XVI Forum for Iberian Studies: Cultural and Linguistic Diversity in the Iberian Peninsula), que contará coa colaboración do Centro de Estudos Galegos John Rutherford.

  • Mercedes Queixas Zas será a oradora convidada para dar a conferencia Tradución. A outra voz imprescindíbel para amplificar a visibilidade literaria.
  • O Centro de Estudos Galegos tamén patrocina a actuación poética de Isaac Xubín, titulada Sobre os diferentes xeitos de defender unha casa e dar terra aos defuntos, e que porá o ramo a este congreso internacional.
  • Máis info, programa e inscrición (ata o 17 de marzo): University of Oxford
XVI Foro de Estudos Ibéricos: "Diversidade Lingüística e Cultural na Península Ibérica", na Universidade de Oxford
Evento: 
Curso
Organiza: 
University of Oxford - Centre for Galician Studies
Data: 
20.03.2014 a 21.03.2014
Lugar:
Taylor Institution
St Giles'
Oxford - OX1 3NAOxfordshire
Reino Unido