XVI Encontro Folclórico 'Baixo Miño en festa' - 2018, en Bos Aires
O sábado 8 de decembro a partir das 20:30 h, na sede da Asociación Tui-Salceda da capital arxentina, a Agrupación Folklórica Baixo Miño de Bos Aires organiza o seu XVIº Festival Folclórico anual "Baixo Miño en Festa", con música, canto e baile tradicional en vivo da nosa terra e doutras colectividades, e servizo de buffet con pratos típicos de Galicia e queimada de peche.
Actuacións musicais de agrupacións de distintas colectividades:
- Agrupación Folklórica Baixo Miño (Galicia)
- Ballet A Pura Sangre - Danzas flamencas
- Escuela de Folkedans de Buenos Aires - Danzas danesas e escandinavas
- WayraPuni - Música andina
Bono contribución: $30 (menores de 12 anos, de balde)
Máis info: Facebook | Twitter | baixominio@yahoo.com.ar

Evento:
Concerto
Organiza:
Agrupación Folklórica Baixo Miño de Buenos Aires
Data:
08.12.2018
Hora:
20:30
Lugar:
Asociación Tui-Salceda
Maza, 457 - 1º
C1206ACICiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: