XV Concurso literario Julio Camba de relato curto do Centro Gallego de Santander

Listen to this page using ReadSpeaker
1036 lecturas

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2014 en Cantabria, o 16 de maio de 2014, o Centro Gallego de Santander convoca o XV Concurso literario Julio Camba de relato curto.

Premios:

  • 1º Premio: Medalla do Centro, Diploma e 500 €
  • 2º Premio: Diploma e 300 €
  • 3º Premio: Diploma e lote de libros

Bases:

  • 1.- Poderán participar:
    A) maiores de idade residentes en España e
    B) os/as socios/as de calquera Centro Galego do mundo.
  • 2.- O tema será libre, orixinal, inédito e non premiado, podendo ser escrito en lingua galega ou española. Presentarase unha soa obra. Os traballos presentaranse, por triplicado, cunha extensión entre 6 e 8 folios tamaño A-4, a dobre espazo, 30 liñas por páxina, en letra Times New Roman 12 ou similar e baixo o sistema de lema con plica. En sobre pechado, co lema escrito por fóra, constarán os datos persoais do autor ou autora, cun breve currículo. As/os concursantes que non residan en España incluirán certificación do Centro onde se encontren asociados/as. As persoas gañadoras comprométense a facilitar a través de correo electrónico ou correo postal unha copia en formato Word.
  • 3.- Os traballos entregaranse antes do día 1 de Outubro de 2014, por correo certificado, ou persoalmente na Secretaría do Centro Gallego: XV CONCURSO LITERARIO JULIO CAMBA. C/ Hernán Cortés, 47 - Entresuelo. C.P. 39003 - Santander.
  • 4.- O fallo do xurado darase a coñecer na festa do Magosto en Novembro de 2014 e será inapelable, podendo declarar desertos os premios ou eliminar os relatos que non se ateñan ás bases. Inmediatamente, será comunicado ás/aos gañadores/as e publicarase no blog do Centro Gallego, http://cgallegosantander.blogspot.com.es/.
  • 5.- Os traballos premiados quedarán en propiedade do Centro Galego, poderán ser publicados na Revista Libredón do Centro Gallego e posteriormente editado nun libro. As/os non premiados/as poderán retirar o seu traballo dende a data do fallo ata a próxima convocatoria.
  • 6.- As/os autoras/autores premiadas/os nalgunha das cinco últimas edicións non poderán presentarse.
  • 7.- A cerimonia de entrega dos premios, á que serán invitados/as, celebrarase en Decembro, nun acto especial do que serán informados/as previamente. Os autores e autoras premiados, comprométense a recollelo persoalmente, ou delegar na persoa que estime oportuna, pola contra enténdese que renuncian a este.
  • 8.- O feito de participar neste Certame implica a aceptación das súas Bases. Todas as incidencias non previstas nelas serán resoltas polo Xurado.
XV Concurso literario Julio Camba de relato curto do Centro Gallego de Santander
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Centro Gallego de Santander
Data: 
30.09.2014
Hora: 
24,00
Lugar:
Centro Gallego de Santander
Hernán Cortés, 47 - entrechán
Santander - 39003Cantabria
España