Xornadas informativas hispano-alemano-suízas de Seguridade Social, en Vigo

Listen to this page using ReadSpeaker
982 lecturas

O luns 8 e o martes 9 de maio, na sede da Delegación Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social en Vigo, terán lugar unhas xornadas informativas con técnicos/as especialistas en Seguridade Social de España (INSS), Alemaña (Deutsche Rentenversicherung) e Suíza (Schweizerische Ausgleichskasse) para aclarar dúbidas a aquelas persoas que están ou estiveron traballando nestes dous países.

  • Os/as especialistas asesorarán gratuitamente a aqueles/as interesados/as que pidan cita previa, aínda que en ocasións tamén se atenden consultas sen cita
  • Informarase sobre pensións de xubilación ou invalidez, dereitos a prestacións legais amparadas polos regulamentos comunitarios, etc.

Horario de atención:

  • Luns 8 de maio: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.
  • Martes 9 de maio: de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.

Máis info: tlfs.  986 249 722 / 986 249 723

Xornadas informativas hispano-alemano-suízas de Seguridade Social, en Vigo
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Instituto Nacional de la Seguridad Social
Deutsche Rentenversicherung
Schweizerische Ausgleichskasse
Data: 
08.05.2017 a 09.05.2017
Hora: 
10:00
Lugar:
Instituto Nacional de la Seguridad Social - Delegación Provincial
O Grove, 4
Vigo - 36209Pontevedra
España