Xornadas das Letras Galegas 2015 en Río de Xaneiro

Listen to this page using ReadSpeaker
728 lecturas

Do luns 18 ao mércores 20 de maio o Programa de Estudos Galegos (PROEG) da Universidade do Estado do Rio de Janeiro organiza as Xornadas das Letras Galegas ’15, que na presente edición homenaxean ao historiador e escritor galego Xosé Filgueira Valverde.

  • Programa: picar aquí para descargar
  • As inscricións son gratuítas e pódense realizar na sala 11.131 F do Instituto de Letras (Sala do PROEG), en horario de 12,00 a 16,00 h., ou en liña, poñendo o nome e apelidos como comentario neste artigo do blog

  • Nestas xornadas contarase con profesores/as e investigadores/as da UERJ, e tamén doutras universidades como a Universidade Federal Fluminense (UFF); a Universidade Federal do Río de Janeiro (UFRJ); a Universidade Federal Rural do Río de Janeiro (UFRRJ); a Universidade Federal da Bahia (UFBA); a Universidade Federal do Ceará (UFC) ou doutras institucións como o Instituto Cervantes

Xornadas das Letras Galegas 2015 en Río de Xaneiro
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Programa de Estudos Galegos (PROEG) da UERJ
Data: 
18.05.2015 a 20.05.2015
Hora: 
9,30
Lugar:
Miniauditório da Pos-graduação do Instituto de Letras (Andar 11)
São Francisco Xavier, 524 - (Maracanã) - Universidade do Estado do Rio de Janeiro
Río de Janeiro - 20559-900Rio de Janeiro
Brasil