Xornada "Saír ao Estranxeiro: Oportunidades nun mundo de negocios cada día máis Internacional"

Listen to this page using ReadSpeaker
999 lecturas

O luns 13 de xaneiro en horario de 11,00 a 13,00 h., no Salón de actos da CEC na súa sede da Coruña, a ONGD Ecos do Sur organiza, en colaboración coa Confederación de Empresarios da Coruña, a Xornada Saír ao Estranxeiro: Oportunidades nun mundo de negocios cada día máis Internacional.

  • Charla destinada especialmente a aquelas persoas que queiran buscar unha oportunidade laboral ou de negocio no estranxeiro
  • A asistencia é libre e gratuíta ata completar aforo. Recomendable confirmar asistencia no enderezo ong@ecosdosur.org
  • Será impartida por Francisco Moreno Velo, Enxeñeiro de Camiños polo CP pola Universidade Politécnica de Madrid e Executive MBA por ESADE. Leva desenvolvendo 13 anos a súa actividade profesional no estranxeiro dentro do sector da construción e petroquímico, en países como México, Panamá, Brasil e Kuwait. Actualmente é Director Territorial de OHL Construcción en Kuwait, onde OHL está a construír o Viaduto Jamal Abdul Nasser que, cun valor de 650 millóns de euros, é un dos maiores proxectos de infraestrutura dos países do Golfo Pérsico

Programa:

  1. Situación macroeconómica de España
  2. Situación macroeconómica do Mundo
  3. Son Exportable?
  4. Elección de destino
  5. Condicións laborais no estranxeiro. Tendencias
  6. A implantación no estranxeiro. Estratexia empresarial de internacionalización
  7. O Mundo Anglosaxón
  8. O Mundo Latino. Empresas Españolas no Mundo
  9. Os Países do Golfo Pérsico
  10. Claves do Éxito. Que facer e que non facer
Xornada "Saír ao Estranxeiro: Oportunidades nun mundo de negocios cada día máis Internacional"
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
ONGD Ecos do Sur
Data: 
13.01.2014
Hora: 
11,00
Lugar:
Confederación de Empresarios da Coruña
Praza de Luis Seoane, Torre 1 - Entreplanta
A Coruña - 15008A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: