Xornada informativa 'Vivir e traballar en Leipzig'
O xoves 5 de marzo de 16,30 a 19,00 h., no Centro de información profesional (BIZ) da Axencia de Emprego, a Consejería de Empleo y Seguridad Social (Embajada de España en Berlín) organiza a xornada informativa 'Vivir e traballar en Leipzig', na que se dará resposta a preguntas como:
- Como e onde busco traballo en Leipzig?
- É válido o meu título académico en Alemaña?
- Como se recoñecen os meus estudos e a miña experiencia profesional en Saxonia?
- Está o meu CV redactado de xeito axeitado?
- Quen pode asistirme nestes trámites e xestións?
Máis info:
- Picar aquí para descargar programa
A xornada é de acceso libre e gratuíto aínda que se recomenda confirmar asistencia vía correo-e ao enderezo alemania.asesoria@meyss.es co nome e apelidos e o asunto: "Leipzig: Confirmación asistencia evento"
É posible a asistencia con menores (Spielecke)

Evento:
Xornadas
Organiza:
Consejería de Empleo y Seguridad Social - Embajada de España en Berlín
Data:
05.03.2015
Hora:
16,30
Lugar:
Agentur für Arbeit Leipzig - Berufsinformationszentrum (BIZ)
Georg-Schumann-Straße 150
Leipzig - 04086Sachsen Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





