Xornada informativa: 'Vivir e traballar en Frankfurt/Rhein-Main'

Listen to this page using ReadSpeaker
905 lecturas

O mércores 19 de outubro ás 15,30 h., no Berufinformationszentrum Main-BiZ, a Consellería de Emprego e Seguridade Social da Embaixada Española e a Axencia de Emprego Alemá en colaboración con Welcomecenter Hessen, IQ Netzwerk Hessen e Zentrale Auslands- und Fachvermittlung (ZAV) organizan unha xornada informativa gratuíta para hispanofalantes que desexen establecerse profesionalmente en Frankfurt/Rhein-Main.

Seminarios:

  • Situación do mercado laboral en Frankfurt, Bundesagentur für Arbeit/ZAV
  • Aprender alemán, Bundesamt für Migration und Flüchtlinge (BAMF)
  • Homologación de títulos, IQ Netzwerk Hessen
  • Seguridade social en Alemaña, Consejería de Empleo y Seguridad Social

Sobre estes e outros temas tales como a Formación Profesional Dual, Autónomos/as e Emprendedores/as, ou Primeiros pasos en Alemaña poderase obter información nas casetas informativas das diferentes institucións e entidades alí presentes.

Inscricións: inscripcion.evento@meyss.es (indicando o seminario no que se desexa participar)

Máis info: frankfurt@meyss.es

Programa completo: picar aquí para descargar

Xornada informativa: 'Vivir e traballar en Frankfurt/Rhein-Main'
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Consejería de Empleo y Seguridad Social - Embajada de España
Agentur für Arbeit
Data: 
19.10.2016
Hora: 
15,30
Lugar:
Berufsinformationszentrum (Main-BiZ) - Agentur für Arbeit Frankfurt
Fischerfeldstraße 10-12
Frankfurt am Main - 60311Hessen
Alemaña