Xornada informativa sobre actividades e de promoción de produtos galegos, en Xenebra

Listen to this page using ReadSpeaker
641 lecturas

O sábado 28 de setembro a partir das 17:00 h, no Restaurante Brasserie Arcoop de Carouge (cantón de Xenebra), a Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra, organiza unha xornada na que informará sobre as actividades culturais e sociais que desenvolve a entidade galega neste cantón romandés.

  • En colaboración con Saveurs Espagnoles ofrecerase tamén unha degustación de produtos galegos: xamóns, chourizos, queixos, viños, conservas etc.
  • Actuación do grupo de gaitas e baile da A Nosa Galiza de Xenebra.
  • Contarase coa asistencia da embaixadora de España en Berna, Aurora Díaz-Rato Revuelta; o cónsul xeral de España en Xenebra, Carlos de Lojendio y Pardo Manuel de Villena​​; a expresidenta do Parlamento de Xenebra, Loly Bolay; o subdirector xeral de Xestión Económico - Administrativa e do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, José Carlos García Bouzas; e outras autoridades locais do cantón de Xenebra.

Máis info e reservas para a cea de irmandade: anosagaliza@hotmail.com | Tlfs. 0775006203 - 0223424243 - 0799222556 | Facebook

Xornada informativa sobre actividades e de promoción de produtos galegos, en Xenebra
Evento: 
Presentación
Organiza: 
A Nosa Galiza de Xenebra
Restaurant Brasserie Arcoop
Saveurs Espagnoles
Data: 
28.09.2019
Hora: 
17:00
Lugar:
Restaurant Brasserie Arcoop
Rue des Noirettes 32
Carouge - 1227Geneva
Suíza
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: