Xornada informativa para mulleres migrantes - Perspektiventag für Migrantinnen, en Múnic

Listen to this page using ReadSpeaker
365 lecturas

O sábado 19 de outubro, na Berufsinformationszentrum (BiZ) da cidade bávara, a Axencia de Emprego de Múnic organiza unha xornada informativa para mulleres migrantes sobre a busca de emprego.

A Consellaría de Traballo, Migracións e Seguridade Social da Embaixada de España en Alemaña contará cun stand propio no que se ofrecerá información sobre:

  • Onde e como podo atopar traballo na rexión?
  • Que dereitos e obrigacións teño no meu traballo?
  • Quen me informa sobre o seguro de enfermidade, as prestacións ou as miñas cotizacións sociais en Alemaña?
  • Recoñécese a miña titulación en Alemaña?

Atoparase de 13:00 a 17:00 horas na sala 196. Se levas o teu CV, podes pedir unha revisión rápida. Haberá servizo de gardería.

Inscricións: munich@mitramiss.es

Cartel: picar aquí para descargar

Máis info: www.mitramiss.gob.es

Xornada informativa para mulleres migrantes - Perspektiventag für Migrantinnen, en Múnic
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Agentur für Arbeit München
Data: 
19.10.2019
Hora: 
13:00
Lugar:
Berufsinformationszentrum (BiZ) - Agentur für Arbeit München
Kapuzinerstraße 30
München - 80337Bayern
Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: