XIV Concurso literario Julio Camba de relato curto do Centro Gallego de Santander

Listen to this page using ReadSpeaker
1711 lecturas

O Centro Gallego de Santander convoca o XIV Concurso literario Julio Camba de relato curto.

Premios:

  • 1º Premio: Medalla do Centro, Diploma e 500 €
  • 2º Premio: Diploma e 300 €
  • 3º Premio: Diploma e lote de libros

Bases:

  • 1.- Poderán participar:
    A) maiores de idade residentes en España e
    B) os socios e socias de calquera Centro Galego do mundo.
  • 2.- O tema será libre, orixinal, inédito e non premiado, podendo ser escrito en lingua galega ou española. Presentarase unha soa obra. Os traballos presentaranse, por triplicado, cunha extensión entre 6 e 8 folios tamaño A-4, a dobre espazo, 30 liñas por páxina, en letra Times New Roman 12 ou similar e baixo o sistema de lema con plica. En sobre pechado, co lema escrito por fóra, constarán os datos persoais do autor ou autora, cun breve currículo. As e os concursantes que non residan en España incluirán certificación do Centro onde se encontren asociados ou asociadas. As persoas gañadoras comprométense a facilitar a través de correo electrónico ou correo postal unha copia en formato Word.
  • 3.- Os traballos entregaranse antes do día 1 de Outubro de 2013, por correo certificado, ou persoalmente na Secretaría do Centro Gallego: XIV CONCURSO LITERARIO XULLO CAMBA. C/ Hernán Cortés, 47 - Entresuelo. C.P. 39003 - Santander.
  • 4.- O fallo do xurado darase a coñecer na festa do Magosto en Novembro de 2013 e será inapelable, podendo declarar desertos os premios ou eliminar os relatos que non se ateñan ás bases. Inmediatamente, será comunicado ás ou aos gañadores e publicarase no blog do Centro Gallego, http://cgallegosantander.blogspot.com.es/.
  • 5.- Os traballos premiados quedarán en propiedade do Centro Galego, poderán ser publicados na Revista Libredón do Centro Gallego e posteriormente editado nun libro. As e os non premiados poderán retirar o seu traballo dende a data do fallo ata a próxima convocatoria.
  • 6.- As autoras e autores premiados nalgunha das cinco últimas edicións non poderán presentarse.
  • 7.- A cerimonia de entrega dos premios, á que serán invitados e invitadas, celebrarase en Decembro, nun acto especial do que serán informados previamente. Os autores e autoras premiados, comprométense a recollelo persoalmente, ou delegar na persoa que estime oportuna, pola contra enténdese que renuncian a este.
  • 8. O feito de participar neste Certame implica a aceptación das súas Bases. Todas as incidencias non previstas nelas serán resoltas polo Xurado.
XIV Concurso literario Julio Camba de relato curto do Centro Gallego de Santander
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Centro Gallego de Santander
Data: 
30.09.2013
Hora: 
24,00
Lugar:
Centro Gallego de Santander
Hernán Cortés, 47 - entresuelo
Santander - 39003Cantabria
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
XII Festival Cultural Convergências Portugal-Galicia no Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026