XI Concurso de fotografía da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Co gallo da celebración do XXVIII Día de Galicia en Euskadi, a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi convoca o seu XI Concurso de fotografía.
Bases:
- Tema: libre
- Características: admitiranse fotografías relizadas en cor e en branco e negro
- Tamaño: presentaranse en formato papel, tendo en o seu lado máximo 20 cm.
- Presentación: a fotografía presentarase pegada a unha cartolina branca, tamaño DIN-A4 e na parte inferior escribirase o título da fotografía, non identificándose co nome do autor ou autora, e irá debidamente protexida dentro dun sobre axeitado ao efecto. Así mesmo achegarase un CD coa fotografía en formato dixital, a máxima resolución (mínimo 240 PPP)
- Cada concursante só poderá presentar tres fotos como máximo
- Plica: presentarase nun sobre pechado co título da fotografía e dentros os datos do autor ou autora (nome, enderezo, enderezo de correo-e, tlf. e lugar onde se realizou a fotografía)
- Todos os orixinais presentados quedarán en poder da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
- Premios:
-1º premio: 200 €
-Accésit: 100 €
-Os premios non poden quedar desertos
- Xurado: estará formado por profesionais da fotografía do lugar onde se celebrará o Día de Galicia en Euskadi. O seu fallo será inapelable
- Enderezo de envío:
Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Pablo Picasso, 4 - baixo
48012 Bilbao
(ou a calquera das 12 casas e centros galegos de Euskadi)
- Data límite de admisión de obras: 7 de xuño de 2013
- Entrega de premios: sábado 6 de xullo, dentros dos actos do XXVIII Día de Galicia en Euskadi que se celebrará na localidade biscaíña de Santurtzi

Evento:
Concurso
Organiza:
Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Data:
07.06.2013
Hora:
24,00
Lugar:
Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Pablo Picasso, 4
Bilbao - 48012Bizkaia España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





