"Unha xeración. Dous mundos", en Barcelona
O sábado 10 de decembro a partir das 18:00 h, no Gran Teatre del Liceu de Barcelona, a iniciativa da Casa Galega de L'Hospitalet e Xuntanza de Catalunya ponse en escena Unha xeración. Dous mundos, unha gala de teatro musical que conta varias historias da emigración galega a Cataluña na década dos 70, tempo no que se crearon os centros galegos, casas de Galicia e institucións sociais e empresariais, contribuíndo a construír e mellorar a terra e a sociedade catalanas, e na que participarán todas as entidades e colectivos galegos de Cataluña.
Memoria artística
- Guión: Xosé Carlos García - Manuel Prados
- Adaptación: Adrao Casal, Artur Puga, Xisco Feijóo
- Dirección artística: Xisco Feijóo e Artur Puga
- Coordinación teatro: Cote González
- Coordinación músical: Xurxo Gándara
- Artistas: + 250 mozos/as, actores e actrices, músicos/as, invitados/as e sorprendentes colaboradores/as.
Máis info: comunicacion@unhaxeraciondousmundos.org | Facebook | Instagram | www.liceubarcelona.cat

Evento:
Representación
Organiza:
Casa Galega de L'Hospitalet
Xuntanza de Catalunya
Data:
10.12.2022
Hora:
18:00
Lugar:
Gran Teatre del Liceu
La Rambla, 51-59
Barcelona - 08002Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: