Xantar de San Martiño de Tours en Bos Aires
O domingo 11 de novembro ás 13,30 h., na sede da entidade, a asociación Residentes de El Grove en Buenos Aires organiza un Xantar en honor de San Martiño de Tours, Santo Patrono da localidade do Salnés. A festa estará amenizada coa actuación da orquestra Agora Xuntos. O custo do menú é de 100 $ para as persoas adultas e de 50 para as e os menores, e haberá sorteo sorpresa co número da entrada.
- Menú:
-Primeiro prato: canastra de empanadas varias
-Segundo prato: lasagna de ricota, xamón,verdura e salsa bolognesa
-Postre: xeado Dalia con froitos estación con salsa
-Gasosas, auga mineral, viño e café

Evento:
Festa
Organiza:
Residentes de El Grove en Buenos Aires
Data:
11.11.2012
Hora:
13,30
Lugar:
Residentes del Grove
Méjico, 851
Avellaneda - 1870Buenos Aires Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





