Xantar en honor da Virxe da Guadalupe e San Bartolomé en Bos Aires
O domingo 9 de setembro ás 13,00 h., no 26º aniversario da fusión das sociedades rianxeira e noiense, o Centro Noia Rianxo de Bos Aires celebra un Xantar en honor dos seus Santos Patróns, San Bartolomé e a Virxe da Guadalupe. As reservas para asistir ao xantar -que se celebrará na sede da entidade e estará amenizado coas actuacións da orquestra Agora Xuntos e Os Amigos de Noia-Rianxo - deben realizarse nalgún dos seguintes tlfs.: 4942-5494, 4246-8832, 4812-8716, ou no 15-4430-7336.
- O menú, cun custo de 130 $, estará composto por:
-Copa de lagostinos
-Paella mariñeira, ao estilo Noia-Rianxo ou carré de porco á galega con papas
-Postre xeado amendoado
-Viño ¾ tinto e branco
-Gasosas
-Café
-Queimada e Conxuro

Evento:
Aniversario
Organiza:
Centro Noia Rianxo
Data:
09.09.2012
Hora:
13,00
Lugar:
Centro Noia Rianxo de Buenos Aires
General Urquiza, 1021
Buenos Aires - 1221Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





