Xª Xuntanza de Gaiteiros/as - Concerto de Cristina Pato, en Mar del Plata
O sábado 21 de setembro a partir das 20:00 h, no Teatro Payró de Mar del Plata, no marco do festival Mar del Plata, Capital Cultural de la Galicia Exterior, celebrarase a Xª Xuntanza de Gaiteiros/as que organiza o Centro Gallego de Mar del Plata e un concerto a cargo da gaiteira galega Cristina Pato.
Entradas: son de balde e poden recollerse na Secretaría do Centro Gallego (XX de Septiembre, 1946) ou no despacho de billetes do Teatro
Actuacións de gaiteiros/as, músicos/as e bailaríns/as de:
- Asociación Residentes de Mos (Bos Aires)
- Centro Arzuano Melidense (Bos Aires)
- Centro Galicia (Bos Aires)
- Sociedad Parroquial de Vedra (Bos Aires)
- Centro Gallego de Mar del Plata
Máis info: www.cgallegomdq.com.ar | Facebook | Instagram

Evento:
Concerto
Organiza:
Centro Gallego de Mar del Plata
Data:
21.09.2019
Hora:
20:00
Lugar:
Teatro Payró
Bv. Maritimo Patricio Peralta Ramos 2380
Mar del Plata - B7600JUWBuenos Aires Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: