X Certame de relatos curtos "María Teresa Rodríguez" do Lar Galego de Sevilla

Listen to this page using ReadSpeaker
818 lecturas

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o Lar Galego de Sevilla organiza o X Certame de relatos curtos "María Teresa Rodríguez".

Bases:

  1. Participantes: poderán participar neste certame todas as persoas maiores de 18 anos que o desexen, sempre que os seus traballos sexan orixinais e inéditos, escritos en lingua galega ou castelá e non presentados co mesmo ou outro título a ningún outro certame pendente de resolución
  2. Obras: os traballos, de tema libre, escritos en lingua galega ou castelá, non poderán ter unha extensión inferior a 3 folios nin superior a 8, en tipografía Arial ou similar, corpo 12 e a dobre espazo. Os orixinais, baixo lema ou pseudónimo, só se aceptarán por correo electrónico. Enviaranse dous arquivos á dirección certamenrelatoscortos@largallegosevilla.com coa mención no asunto "X Certame de Relato Curto 'María Teresa Rodríguez'", un coa obra que se deberá titular como a mesma e outro coa plica que se chamará "plica [título da obra]" na que deberán figurar exclusivamente os seguintes datos: nome e apelidos, nacionalidade, dirección, teléfono e conta de correo electrónico, así como unha declaración xurada asegurando que o relato non está pendente de premio en ningún outro certame e o carácter inédito do mesmo
  3. Só se poderá presentar un relato por participante
  4. Serán automaticamente eliminados aqueles relatos que sexan irreverentes, fagan apoloxía de actos delituosos, sexan soeces ou que gramatical ou ortograficamente sexan manifestamente incorrectos
  5. O/a escritor/a polo feito de presentar o relato a concurso, afirma que a obra é orixinal e da súa propiedade, e en consecuencia faise responsable respecto da súa propiedade intelectual e patrimonial por calquera acción por reivindicación, evicción, saneamento ou calquera outra reclamación que respecto diso puidesen sobrevir
  6. Prazo de admisión: o prazo de admisión de orixinais finalizará ás 24 horas do día 2 de marzo de 2017
  7. Xurado: o xurado estará constituído por membros de recoñecida solvencia literaria, ademais dun secretario/a con voz, pero sen voto
  8. O xurado actuará coa máxima liberdade e discreción e terá, ademais das facultades normais de discernir os/as gañadores/as e emitir o fallo outorgando os premios ou declarándoos desertos, a de interpretar as presentes bases. O xurado non manterá ningún tipo de correspondencia cos/as participantes
  9. O fallo do Xurado será inapelable
  10. Premio: concederase un premio, para o relato gañador, dotado con 1.000 euros e a publicación da obra na páxina web do Lar Galego de Sevilla www.largallegosevilla.com e na revista Anduriña. A dotación económica do premio é indivisible e farase entrega ao/á gañador/a mediante talón nominativo. O relato gañador pasará a ser propiedade do Lar Galego de Sevilla
  11. Fallo: o premio fallarase o día 17 de Maio de 2018, e inmediatamente comunicaráselle ao/a gañador/a de o mesmo
  12. Nin o xurado, nin a entidade convocante do presente certame fanse responsables das opinións vertidas polos/as autores/as
  13. Os traballos que non cumpran algún dos requisitos especificados nestas bases non entrarán en concurso
  14. A presentación de obras a este certame supón por parte dos/as autores/as a plena e íntegra aceptación das presentes bases

Máis info: www.largallegosevilla.com

X Certame de relatos curtos "María Teresa Rodríguez" do Lar Galego de Sevilla
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Lar Gallego de Sevilla
Data: 
02.03.2018
Hora: 
24:00
Lugar:
Lar Gallego de Sevilla
Padre Méndez Casariego, 27
Sevilla - 41003Sevilla
España