Workshop “Informarse es proteger la Familia“, en Augsburg

Listen to this page using ReadSpeaker
473 lecturas

O sábado 6 de xullo de 9:45 a 16:00 h, na Misión Católica de Lengua Española en Augsburg, a Confederación de Asociaciones Españolas de Padres de Familia en la República Federal de Alemania – Bund der Spanischen Elternvereine in der Bundesrepublik Deutschland e. V. organiza o obradoiro gratuito Informarse es proteger la Familia, dirixido aos/ás migrantes e familias hispanofalantes residentes en Augsburg que buscan orientación, información co fin de facilitar a súa integración en Alemaña.

Temas a tratar:

  • Con que prestacións familiares nos apoia o estado alemán? E Como se atopan protexidas as nais na lei alemá? 
  • Como fomentar o bilingüismo nos/as nosos/as fillos/as?
  • Migrar coa familia xera unha maior tensión. Como soportalo e solucionar os conflitos positivamente?  
  • A seguridade  sanitaria e que seguros médicos existen para as familias en Alemaña.
  •  Informacións de como conciliar estudos-traballo e familia.
  •  E outros temas de interese e resposta ás preguntas que xurdan dos/as participantes ao longo da xornada.

Inscrición: Recoméndase a inscrición previa por correo-e (máximo 15 participantes) dirixido a monica.czop@web.de - Whatsapp: 0177-3550639 (Mónica Czop, multiplicadora do equipo local de  Augsburg).

Máis info: 

Workshop “ Informarse es proteger la Familia“, en Augsburgo
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Confederación de Asociaciones Españolas de Padres de Familia en la República Federal de Alemania
Data: 
06.07.2019
Hora: 
9:45
Lugar:
Misión Católica de Lengua Española en Augsburg
Ottmarsgäßchen 8
Augsburg - 86152Bayern
Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: