Votación para as distincións "Rosalía de Castro" e "Virxinia Pereira" 2014

Listen to this page using ReadSpeaker
910 lecturas

Ata o venres 7 de marzo ás 18,00 h. está aberto o período de votación das distincións 2014 "Rosalía de Castro" e "Virxinia Pereira" que organiza o colectivo de mulleres galegas na diáspora Herbas de Prata en conmemoración do Día Internacional da Muller, e coas que se recoñecen cada ano a dúas mulleres como xeito de botar luz sobre as galegas que na súa vida visible ou privada colaboraron e garantiron a pervivenza da cultura galega na Arxentina.

  • A distinción "Rosalía", que se simboliza cunha roseira para a homenaxeada, recoñece a esas mulleres que levan unha vida de loita pública nalgunha causa nobre
  • O recoñecemento "Virxinia Pereira", representado por unha cameleira para a muller que o leve, pretende facer público o traballo anónimo desas galegas que co seu labor privado, contribuíron ao desenvolvemento das súas familias e souberon sementar nelas o amor e o respecto pola súa orixe galega

Nominadas mención "Rosalía de Castro":

  • Pepa Noia
  • María Seoane
  • Ester Goris
  • Claudia Piñeiro

Nominadas mención "Virxinia Pereira":

  • Emilia Otero Gómez (Miluca)
  • Celia Luaces
  • Marita Ramallo
  • Cecilia Escalhao
  • Beatriz Lagoa Veiga
  • Dolores Castiñeira
  • María Elena Baptista Da Silva
  • Dolores Cameselle de Fernández

Votacións: en herbasdeprata.blogspot.com.ar ata o venres 7 de marzo ás 18,00 h.

Votación para as distincións "Rosalía de Castro" e "Virxinia Pereira" 2014
Evento: 
Premios
Organiza: 
Asociación Herbas de Prata
Data: 
07.03.2014
Hora: 
18,00
Lugar:
herbasdeprata.blogspot.com.ar - Ciudad Autónoma de Buenos Aires
Arxentina