Visita guiada á exposición "Unsere Frauen" - Castelo de Jegenstorf
O domingo 9 de setembro, ás 13:30 h, a Asociación de Mujeres Españolas en Suiza (AMES) organiza unha visita guiada á mostra Unsere Frauen que está exposta no Castelo de Jegenstorf (Cantón de Berna).
- Unha selección de mulleres de diferentes épocas, así como de diferentes orixes sociais: desde as donas do castelo, pertencentes ao patriarcado, ata as serventas como a cociñeira, a lavandeira ou a criada. Ademais, coñeceranse mulleres cun carácter extraordinario como a " amazona" e espía Katharina von Wattenwyl. Historias, retratos e destinos que reflicten o papel da muller suíza en diferentes séculos
- A exposición está repartida por todo o castelo, así que aproveitarase para visitar este magnífico edificio
- E, ademais, con motivo do centenario da recentemente falecida Marthe Gosteli, a visita culminará cunha exposición en homenaxe a esta magnífica muller e a súa obra en favor dos dereitos das mulleres suízas
Reserva de praza: adjuntaberna@mujeres.ch
Para chegar:
Tren RBS
- RegioExpress das estacións Berna e Solothurn (RBS Bahnhof)
- S-Bahn (Linie 8) estación Berna (RBS Bahnhof)
- Parada "Jegensdorf", 3 minutos camiñando ata o castelo
Máis info: www.mujeres.ch | Facebook

Evento:
Exposición
Organiza:
Asociación de Mujeres Españolas en Suiza (AMES)
Data:
09.09.2018
Hora:
13:30
Lugar:
Schloss Jegenstorf
General Guisanstrasse 5
Jegenstorf - 3303Bern Suíza
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





