VIII Certame de poesía en lingua galega "Manuel María" da Casa de Galicia en Guipúscoa

Listen to this page using ReadSpeaker
557 lecturas

A Casa de Galicia en Guipúscoa convoca o VIII Certame de poesía en lingua galega "Manuel María".

Bases:

  1. O poema estará escrito en lingua galega e terá un máximo de noventa versos e un mínimo de corenta. Admitiranse conxuntos de poemas de temática común sempre que non excedan dos cen versos.
  2. O poema enviarase nun sobre sen remitente nin indicación algunha referente á personalidade do/a autor/a ao seguinte enderezo:
        Casa de Galicia en Gipuzkoa
        Certame de poesía Manuel María
        C/ Zabaleta, 28 - bajo
        20002 Donostia/San Sebastián (Gipuzkoa)
    Dentro, noutro sobre pechado, figurará exteriormente o primeiro verso do poema e no interior do mesmo sobre constará o nome, enderezo, número do DNI, teléfono e enderezo electrónico do/a autor/a. 
    Tamén haberá que cumprimentar e asinar a folla da LOPD que está no sitio web da Casa de Galicia (www.casagalicia.org/lopd-poesia.pdf).
  3. As obras que se presenten deberán ser inéditas e permitiranse un máximo de dúas obras por autor/a.
  4. Os poemas enviaranse por quintuplicado sen grampar nin encadernar antes do día 30 de abril de 2023.
  5. A organización nomeará un xurado composto por persoeiros relevantes da creación e da crítica e daranse a coñecer no momento de facerse público o fallo do xurado.
  6. Os premios fallaranse o 3 de xuño de 2023. 
  7. Os premios consistirán en:
    1º premio: 400 euros
    2º premio: 200 euros
    3º premio: 100 euros
  8. Os premios publicaranse na web da Casa de Galicia en Gipuzkoa unha vez realizado o fallo por parte do xurado. Sempre que sexa posible, emitirase en directo o fallo pola rede (Facebook ou Periscope da Casa).
  9. O feito de participar supón aceptar a resolución do xurado así como as bases do certame. O xurado poderá declarar deserto algún premio.
  10. A Casa de Galicia en Gipuzkoa resérvase os dereitos de publicar calquera dos traballos presentados ao concurso na forma ou no medio que estime axeitado.
  11. Non se devolverán os orixinais.

Máis info: http://casagaliciass.org | Facebook | Instagram

VIII Certame de poesía en lingua galega "Manuel María" da Casa de Galicia en Guipúscoa
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Casa de Galicia en Gipuzkoa
Data: 
30.04.2023
Hora: 
0:00
Lugar:
Casa de Galicia en Gipuzkoa
Zabaleta, 28 - bajo
Donostia / San Sebastián - 20002Gipuzkoa
España
booked.net