VII Obradoiro de cociña galega en Castellón
Do luns 5 ao sábado 10 de novembro, en horario de 17,30 a 20,30 h., o Centro Galego de Castelló O Aturuxo, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, organiza o VII Obradoiro de cociña galega. O curso impartirase na Escuela de Hostelería y Turismo Costa de Azahar, a cargo do chef Ramón Piñeiro Vázquez.
As inscricións han de realizarse no Centro Galego de Castellón (r/ Pérez Dolz, 9 - tlf. 964 228 508), sendo de balde para as socias e socios da entidade; para as persoas non asociadas o custo é de 10 €.

Evento:
Curso
Organiza:
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Data:
05.11.2012 a 10.11.2012
Hora:
17,30
Lugar:
Escuela de Hostelería y Turismo Costa de Azahar de Castellón
Salvador Ferrandis, 6 El Grau de Castellón
Castellón de la Plana - 12100Castellón-Castelló España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





