Viaxe do Secretario Xeral a Córdoba e Buenos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
1392 lecturas

LUNS, 22 DE MARZO

CÓRDOBA

(As previsións están en horario local)

10.30h O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, acode a unha xuntanza institucional co secretario de cultura do goberno da provincia de Córdoba, Jaime García Vieyra. Hipólito Irigoyen 622.

16.30h. Visita á Casa de España e Casa de Galicia de Córdoba e encontro coa comisión directiva da entidade. En Av 24 de septiembre 946.

17.30h Santiago Camba, inaugura a exposición Miradas en el Camino de Santiago. Xacobeo 2010. En Capela do Paseo del Buen Pastor, Hipólito Irigoyen 325

(A exposición fotográfica organizada pola Xunta de Galicia difunde na Arxentina o Xacobeo 2010, as súas características e o sentido do peregrinaxe a Compostela. Nela, seis fotógrafos galegos contemporáneos narran o espíritu, os personaxes e as paisaxes do Primer Itinerario Cultural Europeo).

MARTES, 23 DE MARZO

BUENOS AIRES

Hora pendente de confirmación. O secretario xeral mantén unha xuntanza con membros do padroado da Fundación Galicia Saúde. Acode por parte da Consellería de Sanidade o secretario xeral, Roberto Pérez. Estará tamén presente o director de Recursos Económicos do SERGAS, Pablo Torres. No Centro Gallego de Buenos Aires, Belgrano 2199.

Evento: 
Viaxe
Data: 
22.03.2010 a 23.03.2010