VI Certame de poesía en lingua galega "Manuel María" da Casa de Galicia en Guipúscoa

Listen to this page using ReadSpeaker
477 lecturas

A Casa de Galicia en Guipúscoa convoca o VIº Certame de poesía en lingua galega "Manuel María".

Bases:

  1. O poema estará escrito en lingua galega e terá un máximo de noventa versos e un mínimo de corenta. Admitiranse conxuntos de poemas de temática común sempre que non excedan dos cen versos
  2. O poema enviarase nun sobre sen remitente nin indicación algunha referente á personalidade do/a autor/a ao seguinte enderezo:
        Casa de Galicia en Gipuzkoa
        Rúa Zabaleta, 28 - baixo
        20002 - San Sebastián (Gipuzkoa)
    Dentro, noutro sobre pechado, figurará exteriormente o primeiro verso do poema e no interior do mesmo sobre constará o nome, enderezo, número do DNI, teléfono e enderezo electrónico do/a autor/a.
  3. As obras que se presenten deberán ser inéditas
  4. Os poemas enviaranse por triplicado sen grampar nin encadernar antes do día 21 de outubro de 2018
  5. A organización nomeará un xurado composto por persoeiros relevantes da creación e da crítica e daranse a coñecer no momento de facerse público o fallo do xurado
  6. Os premios fallaranse o 10 de novembro de 2018. Os poemas premiados serán editados pola Casa de Galicia en Gipuzkoa na forma e no lugar que se estime axeitado
  7. Os premios consistirán en:
    1º premio: 400 euros
    2º premio: 200 euros
    3º premio: 100 euros
  8. Os premios publicaranse na web da Casa de Galicia en Gipuzkoa unha vez realizado o fallo por parte do xurado. Sempre que sexa posible, emitirase en directo o fallo pola rede (Facebook ou Periscope)
  9. O feito de participar supón aceptar a resolución do xurado así como as bases do certame. O xurado poderá declarar deserto algún premio
  10. A Casa de Galicia en Gipuzkoa resérvase os dereitos de publicar calquera dos traballos presentados ao concurso na forma ou no medio que estime axeitado
  11. Non se devolverán os orixinais

Bases completas: picar aquí para descargar

Máis info: http://casagaliciass.org | FacebookTwitter

VI Certame de poesía en lingua galega "Manuel María" da Casa de Galicia en Guipúscoa
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Casa de Galicia en Guipúzcoa
Data: 
21.10.2018
Hora: 
0:00
Lugar:
Casa de Galicia en Guipúzcoa
Zabaleta, 28 - bajo
Donostia/San Sebastián - 20002Guipuzcoa
España