Vª Mostra-Show de Talentos, do Centro Social de Maiores da Casa de Espanha de Río de Xaneiro

Listen to this page using ReadSpeaker
705 lecturas

O xoves 28 de setembro de 10:00 a 12:00 e de 13:00 a 16:00 h, na sede da entidade galega na capital carioca, o Centro Social de Maiores da Casa de Espanha de Río de Xaneiro organiza a Vª Mostra de Talentos, un proxecto onde as/os participantes poden realizar representacións de música, danza, teatro, fotografía, literatura, tecnoloxía, artes visuais e outras linguaxes afíns, co fin de promover a socialización cultural na madurez.

  • Período de inscrición: do 21 de agosto ao 22 de setembro
  • Dirixido a persoas maiores de 55 anos
    -A participación pode ser individual ou en grupo e con ou sen instrutores/as ou acompañantes
    -O tempo de presentación é dun máximo de 15 minutos por participante
  • Non ten carácter competitivo, pero os/as participantes reciben un certificado de participación
  • Inscricións: no correo-e csm@casadeespanha.com.br, ou no tlf. 55 (21) 2536-3150 R: 18 en os luns, mércores e xoves en horario de 9:00 a 15:00 h
  • Os/as seleccionados/as serán avisados/as por mail ou tlf. nos días 21 e 22 de setembro, séndolle indicados os horarios das súas representacións
  • A participación e a entrada son de balde
  • Máis info no facebook
Vª Mostra-Show de Talentos, do Centro Social de Maiores da Casa de Espanha de Río de Xaneiro
Evento: 
Representación
Organiza: 
Casa de Espanha de Río de Janeiro
Data: 
28.09.2017
Hora: 
10:00
Lugar:
Casa de Espanha de Río de Janeiro
Maria Eugênia, 300 - Humaitá
Río de Xaneiro - 22261-080Rio de Janeiro
Brasil