Taller "Vivir y trabajar en Leipzig"
O sábado 5 de maio a partir das 10:00 h, no Verband Binationaler Leipzig, a Confederación de Familias Binacionais de Leipzig organiza, en colaboración coa Oficina de Igualdade de Tratamento dos Traballadores da UE e da Consellaría de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España, un obradoiros gratuítos para hispanofalantes para informar sobre a busca de emprego e o Dereito laboral en Alemaña.
Temas a tratar:
- Como e onde busco traballo en Leipzig?
- O meu CV está escrito correctamente?
- O meu contrato de traballo é legal?
- Quen me pode axudar en caso de explotación laboral?
Programa:
- 10:00 - 12:00 h. Obradoiro de busca de emprego
- 12:00 - 12:30 h. Presentación da Oficina para a Igualdade
- Pausa para o xantar
- 14:00 -14:30 h. Presentación da Oficina para a Igualdade
- 14:30 - 16:30 h. Obradoiro sobre Dereito laboral
Inscricións (o aforo é limitado): enviar un correo-e, incluíndo o nome, apelidos e obradoiro no que desexa participar, a silvestre@verband-binationaler.de
Máis info: muro do evento en Facebook |Tlf. 0341 211 20 51 | Móbil 0157 52 41 49 06

Evento:
Xornadas
Organiza:
Verband Binationaler Leipzig
Consejería de Empleo y Seguridad Social - Embajada de España
Gleichbehandlungsstelle EU - Arbeitnehmer
Data:
05.05.2018
Hora:
10:00
Lugar:
Verband Binationaler Leipzig
Arndtstraße 63
Leipzig - 04275Sachsen Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.04.2026 a 11.04.2026





