Taller 'Claves para ser feliz en pareja', en Xenebra

Listen to this page using ReadSpeaker
251 lecturas

O sábado 2 de xuño de 14:00 a 17:00 h, na sede da Association Découvrir de Xenebra, a Asociación de Mujeres Españolas en Suiza (AMES) organiza o obradoiro Claves para ser feliz en pareja, na que se reflexionará sobre posibles mitos e crenzas relacionados co concepto de amor, parella e namoramento, ademais de dotar de tips útiles de axuda no manexo de situacións cotiás na vida de parella, para garantir que sexa máis saudable e plena.

Relatora: Sara Moreno Heredero, licenciada en psicoloxía, con formación de posgrao en diferentes correntes terapéuticas como psicodrama, terapia sistémica e terapia de parella.

Inscricións: adjuntaginebra@mujeres.ch

  • Socias de AMES, de balde; non socias, 50 CHF

Máis info: www.mujeres.ch | Facebook

Taller 'Claves para ser feliz en pareja', en Xenebra
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Asociación de Mujeres Españolas en Suiza (AMES)
Data: 
02.06.2018
Hora: 
14:00
Lugar:
Association découvrir
Boulevar Carl-Vogt 2 (Bus 11, 4, 19, 2 & Tram 14. Parada Jonction)
Genève - 1205Geneva
Suíza