Taller para a busca de emprego e o recoñecemento de títulos en Alemaña, en Frankfurt

Listen to this page using ReadSpeaker
214 lecturas

Os sábados 26 de xaneiro e 16 de febreiro a partir das 9:00 h a Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social da Embaixada de España de Alemaña en colaboracíon con beramí berufliche Integration e.V. organizan un obradoiro no que se ensinará a coñecer recursos que che permitan identificar oportunidades de emprego, redactar o teu currículo e carta de presentación así como afrontar con éxito a túa próxima entrevista laboral.

Temas a tratar:

  • Estás desempregado/a? Buscas traballo en Frankfurt? Gustaríache coñecer recursos útiles que che axuden a atopar un posto adecuado á túa formación?
  • Interésache saber se deberías homologar a túa titulación española e como facelo?
  • Necesitas axuda coa elaboración do teu CV e carta de presentación? Algúns consellos para saír airoso/a da túa próxima entrevista?

Programa: descargar aquí

Datas, horarios e lugar: 

  • 26 de xaneiro, 9:00 h - Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social en Frankfurt
  • 16 de febreiro, 9:00 h - beramí berufliche Integration e.V.

Inscrición: é de balde pero, polas limitacións de aforo, é preciso envair un correo-e a frankfurt@mitramiss.es

Taller para a busca de emprego e o recoñecemento de títulos en Alemaña, en Frankfurt
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Embajada de España
beramí berufliche Integration e.V.
Data: 
26.01.2019
16.02.2019
Hora: 
9:00
Lugar:
beramí berufliche Integration e.V
Nibelungenplatz 3
Frankfurt am Main - 60318Hessen
Alemaña