Seminarios sobre o traballo por conta propia en Alemaña, en Hamburgo

Listen to this page using ReadSpeaker
774 lecturas

Os xoves 8 e 15 de novembro, na sede do Instituto Cervantes de Hamburgo,  Arbeit und Leben Hamburg e. V. organiza un seminario gratuíto en español, estruturado en dous módulos, sobre os aspectos básicos que deben coñecer os/as autónomos/as en Alemaña.

Módulo 1 - 08.11.2018 - Emprender en Alemaña I - 17:00 a 20:00 h
Os aspectos que se analizarán e explicarán no seminario, serán os seguintes:

  • Tipos de autónomo/a (segundo actividade ou segundo facturación)
  • Procedemento para facerse autónomo/a
  • Facturación
  • Seguros sociais

Módulo 2 - 15.11.2018 - Emprender en Alemaña II - 17:00 a 20:00 h
Este Seminario profunda en temas de interese para os/as autónomos/as:

  • Revisión dos conceptos da primeira parte do Seminario,
  • Impostos (Imposto sobre os ingresos, IVE ou Imposto sobre o valor engadido
  • Declaración da renda
  • Principios de Facturación simple: EÜR Formulario

Máis info e inscricións:

Yaiza Rojas Matas
yaiza.rojas-matas@hamburg.arbeitundleben.de
Teléfono: +49 (40) 284016-80
Centro de asesoría para empleados europeos

Seminarios sobre o traballo por conta propia en Alemaña, en Hamburgo
Evento: 
Curso
Organiza: 
Arbeit und Leben Hamburg
Data: 
08.11.2018
15.11.2018
Hora: 
17:00
Lugar:
Instituto Cervantes de Hamburgo
Fischertwiete 1 (Chilehaus, Eingang B)
Hamburgo - 20095Hamburg
Alemaña