Seminarios gratuítos en español sobre autónomos/as, en Hamburgo

Listen to this page using ReadSpeaker
354 lecturas

Os sábados 23 e 30 de novembro Arbeit und Leben Hamburg e. V. organiza un seminario gratuíto en español, estruturado en dous módulos, sobre os aspectos básicos que deben coñecer os/as autónomos/as en Alemaña.

Módulo 1 - 23.11.2019 - Emprender en Alemaña I - 9:00 a 14:00 h 
Os aspectos que se analizarán e explicarán no seminario, serán os seguintes:

  • Tipos de autónomo/a (segundo actividade ou segundo facturación)
  • Procedemento para facerse autónomo/a
  • Facturación
  • Seguros sociais

Módulo 2 - 30.11.2019 - Emprender en Alemaña II - 9:00 a 14:00 h 
Este Seminario afonda en temas de interese para os/as autónomos/as:

  • Revisión dos conceptos da primeira parte do Seminario,
  • Impostos (Imposto sobre os ingresos, IVE ou Imposto sobre o valor engadido e Imposto sobre a actividade)
  • Declaración da renda
  • Principios de Facturación simple: EÜR Formulario

Programa completo: picar aquí para descargar

Máis info e inscricións:

Centro de asesoría para empregados/as europeos/as
Servicestelle Arbeitnehmerfreizügigkeit
Arbeit und Leben Hamburg e.V.
Magdalena Morgenroth
magdalena.morgenroth@hamburg.arbeitundleben.de
Teléfono: +49 (40) 284016-80

Seminarios gratuítos en español sobre autónomos/as, en Hamburgo
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Arbeit und Leben Hamburg e.V.
Data: 
23.11.2019
30.11.2019
Hora: 
9:00
Lugar:
Klub
Besenbinderhof 62
Hamburgo - 20097Hamburg
Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: