Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
21Febreiro2019A Xunta despedirá a exposición ‘Castelao maxistral’ cun concerto da Orquestra de Cámara Galega na Cidade da Cultura o 1 de marzo audio A formación dirixida por Rogelio Groba dirá adeus á mostra que está a permitir contemplar por vez primeira en Galicia ‘A derradeira leición do mestre’. O Gaiás organiza na última semana da exposición unha serie de debates escolares en torno aos valores democráticos reflectidos no emblemático cadro de Castelao. A Consellería de Cultura e Turismo despedirá cun concerto da Orquestra de Cámara Galega a exposición Castelao maxistral, a mostra... Máis información
-
20Febreiro2019A Xunta amplía ás emigrantes retornadas as axudas a programas de entidades de iniciativa social para mulleres en situación de especial vulnerabilidade audio O orzamento para este ano ascende a 910.000 euros. Financiaranse programas de atención integral que inclúan servizos de orientación, atención psicolóxica ou asesoramento xurídico. A Xunta abriu a convocatoria de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para que desenvolvan programas integrais de atención dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, entre as que o Goberno galego inclúe ás emigrantes... Máis información
-
19Febreiro2019A nova convocatoria formativa de Política Lingüística inclúe por primeira vez cursos Celga 3 en liña audio Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega a resolución pola que se convocan cursos preparatorios gratuítos das probas Celga nos seus catro niveis. A convocatoria abrangue cursos presenciais e en liña, estes últimos repartidos por ámbitos xeográficos que este ano se estenden ao Bierzo e Sanabria. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde mañá ata o vindeiro 11 de marzo. Emigración salienta a... Máis información
-
17Febreiro2019Miranda pide desde Ribadeo que Galicia non esqueza a xenerosidade e as importantes achegas que as e os emigrantes fixeron desde os países de destino á súa terra de orixe audio O secretario xeral da Emigración presidiu “O Círculo Habanero coa Emigración”, que contou coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo, que presentou o seu cedé “Legado indiano”. O responsable do departamento autonómico salientou que as e os emigrantes seguen a enriquecer hoxe á comunidade galega a través do retorno. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, pediu onte desde Ribadeo que Galicia non esqueza a xenerosidade e... Máis información
-
15Febreiro2019A Secretaría Xeral da Emigración abre o prazo para solicitar a nova liña das axudas extraordinarias ás e aos retornados con fillas e fillos menores de idade audio O departamento autonómico incrementará máis de tres veces o orzamento deste programa, de 550.000 a 1,75 millóns de euros, para ampliar a cobertura ás galegas e galegos que regresaran con nenas ou nenos a partir do 1 de xaneiro de 2019. Miranda sinala a necesidade de “adaptar as medidas que ten en marcha o Goberno galego para facilitar o retorno á realidade das familias procedentes do estranxeiro”. O prazo de solicitudes manterase aberto ata o... Máis información
-
12Febreiro2019TVG e Antena 3 recollen a inauguración de "Os Adeuses" en Nova York audio As canles televisivas Antena 3 e Televisión de Galicia (TVG) destacaron nos seus informativos a inauguración esta pasada fin de semana da mostra Os Adeuses. Fotografías de Alberto Martí (The Farewells. Photographs by Alberto Martí), que permanecerá exposta no Ellis Island National Museum of Immigration de Nova York ata o vindeiro 5 de maio. En Antena 3: picar aquí para acceder Na TVG: picar aquí para acceder Na TVG, o encontro do presidente... Máis información
-
11Febreiro2019O DOG publica a orde que permitirá ás entidades galegas no exterior solicitar axudas para actividades e gastos de funcionamento, dotada cunha partida de 1,6 millóns de euros audio Máis de un millón de euros deste orzamento están dirixidos aos gastos correntes e propostas de índole cultural e social en relación con Galicia e as e os galegos. Os outros 575.000 euros dotación económica teñen por obxecto achegas para facer fronte a gastos de obras ou de equipamentos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de marzo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria da orde de axudas para as... Máis información
-
09Febreiro2019Feijóo inaugura en Nova York a exposición ‘Os Adeuses’, “unha homenaxe á epopea de millóns de galegos” audio Salienta que a xeografía sentimental das galegas e os galegos sitúanos moi preto de América e fai de Galicia un territorio americano máis. Subliña que a emigración galega ten un aspecto tráxico e outro que se refire á capacidade de superación dun pobo, a súa solidariedade, a súa capacidade en suma para cambiar o destino ao que parecía condenado. O xefe do Goberno galego finalizará a súa viaxe institucional aos Estados Unidos cun encontro coa... Máis información
-
08Febreiro2019A Xunta e o Institute of Fine Arts asinan un convenio para celebrar en Nova York no 2020 un simposio internacional único sobre o Camiño audio O documento asinado inclúe a proposta de elaborar unha publicación actualizada en inglés como resultado da celebración deste encontro. Feijóo avanza que o simposio, que estará coordinado por dous estudosos da talla de Robert A. Maxwell e Manuel Castiñeira, abordará as diferentes maneiras nas que as rutas xacobeas foron permeables á creación de ideas, soños e historias. “Estamos a falar dun encontro ao que se invitará a especialistas en todos os... Máis información
-
08Febreiro2019Feijóo promociona Galicia como un lugar estable no que investir e un destino turístico único coa celebración do Xacobeo 2021 audio Esboza unha Galicia que crece máis que España e que está a reducir o desemprego tamén en maior medida, grazas en parte a súa capacidade internacionalizadora, batendo en 2018 novamente o seu récord de exportacións. Sinala que as empresas galegas son hoxe máis conscientes que nunca da necesidade de innovar para ofrecer un produto diferenciado: “Por iso, tanto a industria como a Xunta estamos a potenciar a innovación”, di. Avoga por intentar... Máis información
Páxinas |