Seminario de gaita, pandeireta, canto, percusión e baile galego, en Montevideo
Do mércores 19 ao venres 21 de decembro, en horario de 19,30 a 21,30 h. na sede do Centro Valle Miñor de Montevideo, a Unión de Sociedades Gallegas organiza o Seminario "Viaxe no serán Montevideano nas ás da gaita, pandeireta, canto, percusión e baile galego co apresenza da artista galega do Val Miñor May de la Peña".
Trátase dun obradoiro impartido pola artista May de la Peña, para todos os mozos, mozas e demais integrantes de corpos de baile, bandas e grupos da colectividade galega de Montevideo, no que se desenvolverá unha viaxe de interacción polos distintos aspectos da cultura tradicional de Galicia, percorrendo sons e costumes polos camiños do baile, gaita, canto, pandeireta e a percusión. A inscrición para participar é libre, dirixida en especial aos grupos das institucións galegas.
Inscricións:
- Personalmente na sede social do Valle Miñor: Julio César, 1431, do luns 16 ao mércores 19 inclusive, en horario de 16,00 a 22,00 h.
- Por tlf. 2622 5834
- Fax 2628 3100
- Correo-e: valleminor@adinet.com.u





