Semana Cultural 2018 do Centro Galego de Lleida
Do luns 5 ao domingo 11 de febreiro o Centro Galego de Lleida organiza a súa Semana Cultural 2018.
Programa:
- Luns, 5 de febreiro, 19:00 h.
-Exposición no local social das manualidades feitas durante o curso polas compoñentes da Vogalía da Muller
-O acto remata cun ágape para os/as asistentes - Martes, 6 de febreiro, 20:00 h.
-Conferencia A violencia na Sociedade do Século XXI, pronunciada por Rosa Mari Pérez Pérez, Doutora en Medicina Legal Forense
-O acto remata cun aperitivo para as/os asistentes - Mércores, 7 de febreiro, 18:00 h.
-Día dedicado aos nenos e nenas, con xogos de mesa para as persoas adultas
-O acto remata cunha chocolatada para os/as asistentes - Xoves, 8 de febreiro, 19:30 h.
-Demostración culinaria de diferentes pratos salgados e doces aberta a tódolos/as socios/as do Centro - Venres, 9 de febreiro, 20:00 h.
-Presentación do número 31 da revista Xurdimento, por José Luis Osorio Fernández, concelleiro do Ajuntament de Lleida
-O acto remata cun aperitivo para os/as asistentes - Domingo, 11 de febreiro
-Ás 12:30 h, misa na Parroquia de Sant Jaume, cantada polo coro Cengallei
-Deseguido, no local social, celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria e, unha vez finalizada a mesma, haberá un vermú para todas/os as/os asistentes
-15:00 h, Xantar de Irmandade e posterior sesión de baile
Máis info: na web cengallei.wordpress.com, Facebook e Twitter

Evento:
Xornadas
Organiza:
Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia)
Data:
05.02.2018 a 11.02.2018
Lugar:
Centro Galego de Lleida
Joc de la Bola, 20
Lleida - 25003Lleida España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: