Semana Cultural 2017 do Centro Galego de Lleida

Listen to this page using ReadSpeaker
860 lecturas

Do luns 20 ao domingo 26 de febreiro o Centro Galego de Lleida organiza a súa Semana Cultural 2017.

Programa:

  • Luns 20 de febreiro, 19,00 h.
    -Exposición no local social das manualidades feitas durante o curso polas compoñentes da Vogalía da Muller
    -O acto remata cun ágape para os/as asistentes
  • Martes 21 de febreiro,18,00 h.
    -Día dedicado aos nenos e nenas, con xogos de mesa para as persoas adultas
    -O acto remata cunha chocolatada para os/as asistentes
  • Mércores 22 de febreiro, 20,00 h.
    -Conferencia París, la ciutat de la llum, pronunciada por Enric Ribera Gabandé
    -O acto remata cun aperitivo para as/os asistentes
  • Xoves 23 de febreiro, 19,30 h.
    -Demostración culinaria de diferentes pratos salgados e doces aberta a tódolos/as socios/as do Centro
  • Venres 24 de febreiro, 20,00 h.
    -Presentación do número 30 da revista Xurdimento, por Raquel Arias Rodríguez, secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia
    -O acto remata cun aperitivo para os/as asistentes
  • Domingo 26 de febreiro
    -Ás 12,30 h. misa na Parroquia de Sant Jaume, cantada polo coro Cengallei
    -Deseguido, no local social, celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria e, unha vez finalizada a mesma, haberá un vermú para todas/os as/os asistentes
    -15,00 h. Xantar de Irmandade e posterior sesión de baile

Máis info: na web cengallei.wordpress.com, facebook e Twitter

Semana Cultural 2017 do Centro Galego de Lleida
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia)
Data: 
20.02.2017 a 26.02.2017
Lugar:
Centro Galego de Lleida
Joc de la Bola, 20
Lleida - 25003Lleida
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: