Semana Cultural 2014 do Centro Galego de Lleida

Listen to this page using ReadSpeaker
802 lecturas

Do luns 23 de febreiro ao domingo 2 de marzo o Centro Galego de Lleida organiza a súa Semana Cultural 2014.

Programa:

  • Luns 24 de febreiro, 19,00 h.
    -Exposición no local social das manualidades feitas durante o curso polas compoñentes da Vogalía da Muller
    -O acto remata cun ágape para as e os asistentes
  • Martes 25 de febreiro,18,00 h.
    -Día dedicado aos nenos e nenas, con xogos de mesa para as persoas adultas
    -O acto remata cunha chocolatada para as e os asistentes
  • Mércores 26 de febreiro, 20,00 h.
    -Conferencia O viño é a máis san e hixiénica das bebidas, pronunciada por Enric Ribera Gabandé, gourmet de viños
    -O acto remata cun aperitivo para as e os asistentes
  • Xoves 27 de febreiro, 18,00 h.
    -Demostración culinaria de diferentes pratos salados e doces aberta a tódolos socios e socias da entidade
  • Venres 28 de febreiro, 20,00 h.
    -Presentación do nº 27 da revista Xurdimento, por Ramón Brigós Fernández, subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas da Xunta de Galicia
    -O acto remata cun aperitivo para as e os asistentes
  • Domingo 2 de marzo
    -Ás 12,30 h. misa na Parroquia de Sant Jaume
    -A continuación, no local social, celebrarase a Asemblea xeral ordinaria e, unha vez finalizada a mesma, haberá un vermú para todas e todos os asistentes
    -14,30 h. Xantar de Irmandade e posterior sesión de baile
Semana Cultural 2014 do Centro Galego de Lleida
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia)
Data: 
24.02.2014 a 02.03.2014
Lugar:
Centro Galego de Lleida
Joc de la Bola, 20
Lleida - 25003Lleida
España