Santantoná do Centro Galego de Castelló
O sábado 19 de xaneiro a partir das 20,00 h., o Centro Galego de Castelló O Aturuxo organiza, na súa sede social de "O Faiado" (Tetuan XIV), a Cea de San Antoni ("Santantoná"). Comezará co prendido da cacharela, e logo a cea con xamón, queixo, olleta da Plana, pastissets e queimada asi coma o posterior baile-disco.
O custo é de 5 € para as persoas asociadas, de 8 para as convidadas e os nenos e nenas de ata 12 anos entran de balde.

Organiza:
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Data:
19.01.2013
Hora:
20,00
Lugar:
Local social "O Faiado" do Centro Galego de Castellón
Bovalar, Cuadra la Tercera, s/n Antiguo Cuartel Tetuán XIV
Castellón de la Plana - 12004Castellón-Castelló España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





