San Xoán en Caracas

Listen to this page using ReadSpeaker
715 lecturas

O sábado 23 de xuño a partir das 21,00 h, na súa sede de Valle Fresco, a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas organiza a Festa do San Xoán. Coa colaboración do Grupo Anfitrión Semente Nova, a festa estará amenizada por A Lo Flamenko, Express, BigMandrake e o Show de Dj Pro. Haberá comidas típicas, queimada, prendido da cacharela e moitas sorpresas.

As entradas para as e os non socios terán un custo de Bs. 250 e estarán á venda nas Caixas da Institución. Para este día quedan suspendidos os pases de cortesía outorgados polo Consello Directivo, unicamente podrán ser utilizados os pases color azul de pronto pago. Así mesmo, a Dirección de Admisión e Orde Social informa a todos os socios e socias e persoas beneficiarias que neste día esixiráselles, sen excepción, a presentación do carné ou a cédula de identidade co seu respectivo recibo de pago. Igualmente, revisaranse os vehículos.

Festa de San Xoán da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
Evento: 
San Xoán
Organiza: 
Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
Data: 
23.06.2012
Hora: 
21,00
Lugar:
Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas - Sede de Valle Fresco
Carretera Petare - Santa Lucía, Km 18
Valle Fresco, Miranda
Venezuela
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
XII Festival Cultural Convergências Portugal-Galicia no Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026