Reunión informativa para a realización do Camiño de Santiago, no Lar Gallego de Chile

Listen to this page using ReadSpeaker
886 lecturas

O sábado 19 de marzo ás 18,00 h., na sede da entidade galega no Estadio Español Las Condes, o Lar Gallego de Chile organiza unha reunión informativa para aqueles/as que estean interesados/as en realizar o Camiño de Santiago. Falarase e organizarase cos/as posibles interesados/as dos seguintes temas:

  • Viaxe, itinerario, estadía, tours, etc.
  • Avaliación da adquisición de pasaxes (directo en aeroliña, axencia ou outro)
  • Ruta (camiño que se realizará, km. a percorrer, etc.)
  • Documentación necesaria e data tentativa da viaxe
  • Preparación física
  • Equipaxe axeitada e moito máis

Solicítase que se envíe o nome completo, cédula de identidade, correo-e e teléfono de contacto ata o 16 de marzo para poder realizar rexistro dos/as asistentes ao enderezo corporacionlargallego@gmail.com

Reunión informativa para a realización do Camiño de Santiago, no Lar Gallego de Chile
Evento: 
Reunión
Organiza: 
Lar Gallego
Data: 
19.03.2016
Hora: 
18,00
Lugar:
Lar Gallego de Chile - Estadio Español de Las Condes
Nevería, 4855 - Las Condes
Santiago de Chile - 758-0570Region Metropolitana (RM)
Chile
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: