Reunión con empresarios/as galegos/as de Venezuela, en Valencia
O sábado 29 de setembro ás 10:00 h, no Hotel Hesperia WTC Valencia da capital do estado Carabobo, o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, e o xerente da Oficina de Atracción de Investimentos 'Galicia Invest' do IGAPE, Leopoldo Yeste Sánchez, manterán unha reunión con empresarios/as galegos/as de Venezuela.
- Falarase de investimento e das oportunidades laborais que ofrece Galicia de cara ao retorno.
Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Data:
29.09.2018
Hora:
10:00
Lugar:
Hotel Hesperia WTC Valencia
Naguanagua, Av. 168 Salvador Feo La Cruz Este-Oeste
Valencia - 2005Carabobo Venezuela
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





