Reunión da Comisión Directiva e Cea no Centro Cultural y Recreativo "Hijos de Buján"
O sábado 6 de setembro a partir das 20,00 h., na sede da entidade valdubresa na capital arxentina, o Centro Cultural y Recreativo "Hijos de Buján" celebra a reunión mensual da súa Comisión Directiva.
- Ao remate, celebrarase unha cea con callos á madrileña e hamburguesas para quen non lles guste a tripa.
-Custo: 100 $
-Inclúe comida, bebida libres (viño, auga, gasosas), café, chocolates
Así mesmo, co gallo do 50º aniversario da entidade, faise un chamamento a todos/as aqueles/as que posúan obxectos relacionados con actividades do centro durante estes cincuenta anos: fotos de socios/as e lugares, convites a festividades e banquetes, recordos, libros, carnés de socio/a, artigos típicos da cultura galega, e calquera outro obxecto que poida ser testemuño da historia da entidade. O seu destino é a realizació dunha homenaxe ás persoas que tanto deron pola institución.
Máis info: facebook

Evento:
Xantar/Cea social/oficial
Organiza:
Asociación Hijos de Buján
Data:
06.09.2014
Hora:
20,00
Lugar:
Centro Cultural y Recreativo "Hijos de Buján"
Rondeau, 1639
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1130ACCArxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
16.07.2026, 21.07.2026, 23.07.2026, 25.07.2026, 26.07.2026





