Reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas

Listen to this page using ReadSpeaker
1061 lecturas

O xoves 12 e o venres 13 de xuño de 2014 ás 10,00 h., na Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela, celebrarase a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

Orde do día:

  1. Constitución da comisión
  2. Balance das actuacións da Secretaría Xeral da Emigración no ano 2014
  3. Informe en relación coas actuacións derivadas da entrada en vigor do Decreto polo que se regula o recoñecemento e a revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento
  4. Presentación do anteproxecto de decreto polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas
  5. Plan integral de emigración 2014-2016:
    -Presentación do plan
    -Informe sobre accións en materia de xuventude e muller
    -Constitución de observatorios
  6. Rogos e preguntas
Reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas
Evento: 
Reunión
Organiza: 
Secretaría Xeral da Emigración - Xunta de Galicia
Data: 
12.06.2014 a 13.06.2014
Hora: 
10,00
Lugar:
Biblioteca América - Pazo de Fonseca
Praza de Fonseca, s/n
Santiago de Compostela - 15702A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: