Reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas

Listen to this page using ReadSpeaker
1113 lecturas

O mércores 24 de xullo ás 10,00 h., na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela), celebrarase a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

Orde do día:

  1. Constitución da comisión
  2. Informe sobre a Lei da galeguidade aprobada polo Parlamento de Galicia
  3. Presentación do documento de liñas básicas de estrutura dos decretos de recoñecemento da galeguidade, rexistro e órganos de representación do Consello de Comunidades Galegas.
  4. Informe do estado actual das accións emprendidas por varias comunidades galegas no referente aos correspondentes procesos de unión.
  5. Rogos e preguntas.
Reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas
Evento: 
Xuntanza
Organiza: 
Secretaría Xeral da Emigración - Xunta de Galicia
Data: 
24.07.2013
Hora: 
10,00
Lugar:
Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás, s/n
Santiago de Compostela - 15707A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: