Recepción do presidente da Xunta de Galicia aos/ás beneficiarios/as do programa “Bolsas Excelencia Mocidade Exterior”

Listen to this page using ReadSpeaker
761 lecturas

O martes 20 de febreiro ás 12:30 h, no Salón de Convencións do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) celebrarase o acto de recepción - entrega de diplomas do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, aos/ás beneficiarios/as da primeira edición do programa de “Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME”.

  • Asistirán tamén ao acto, entre outras autoridades, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan M. Viaño Rey; o reitor da Universidade da Coruña, Julio E. Abalde Alonso; o vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel José Fernández Iglesias; e o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda.
Recepción do presidente da Xunta de Galicia aos/ás beneficiarios/as do programa “Bolsas Excelencia Mocidade Exterior”
Evento: 
Recepción
Organiza: 
Secretaria Xeral da Emigración
Data: 
20.02.2018
Hora: 
12:30
Lugar:
Salón de Convencións do Edif. Centro de Innovación Cultural (CINC)
Monte Gaiás, s/n - Cidade da Cultura de Galicia
Santiago de Compostela - 15707A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
XII Festival Cultural Convergências Portugal-Galicia no Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026