Proxección de "Os fenómenos", en París

Listen to this page using ReadSpeaker
669 lecturas

O domingo 22 de xuño ás 19,00 h., na sala de cine Le Louxor da capital francesa, proxectarase o filme Os fenómenos, dirixido polo director compostelán Alfonso Zarauza. A longametraxe, protagonizada por Lola Dueñas, Luis Tosar e Miguel de Lira, proxéctase no marco do festival "Dífferent 7! L’autre cinéma espagnol", que organiza do 18 ao 24 de xuño a asociación Espagnolas en Paris.

Proxección de "Os fenómenos", en París
Evento: 
Proxección
Organiza: 
Espagnolas en Paris
Data: 
22.06.2014
Hora: 
19,00
Lugar:
Louxor, Palais du cinéma
170, boulevard de Magenta
París - 75010
Francia