Proxección do documental "Anduriña, muller de ida e volta" no Centro Galego de Castelló "O Aturuxo"
O Centro Galego de Castelló "O Aturuxo" proxectará o documental "Anduriña, muller de ida e volta", dirixido por Cristina Pascual e O Faiado Producións, o sábado 22 de febreiro ás 19:30 horas, nun evento no que tamén se conmemorará o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro).
- A proxección realizarase no Local Social "O Faiado".
- Esta peza recolle a testemuña de quince mulleres emigrantes do Concello de Maceda (Ourense). Cada historia é unha ensinanza, a súa vida e a memoria dun pobo. Ademais é un testemuño do espírito loitador e a fortaleza das mulleres galegas.
- Este evento enmárcase dentro da representación do filme polos diferentes centros galegos.
Máis info: Facebook.

Evento:
Proxección
Organiza:
Centro Galego de Castelló "O Aturuxo"
Data:
22.02.2025
Hora:
19:30
Lugar:
Local Social "O Faiado"
Partida Bovalar, 98 Tetuán XIV
Castelló de la Plana - 12004Castellón-Castelló España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026






